QUERO SER PRESIDENTE

QUERO SER PRESIDENTE. CLAVES DA COMUNICACIÓN ELECTORAL

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
978-84-89323-22-3
Páginas:
198
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECIBELO EN 48H

18,90 €
Comprar

QUERO SER PRESIDENTE
CLAVES DA COMUNICACIÓN POLÍTICA
Xosé Rúas Araújo
TODO SOBRE AS CAMPAÑAS ELECTORAIS, OS CANDIDATOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS

Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do marketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país. Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral. A OPINIÓN DOS EXPERTOS “O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”. Fermín Bouza Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM) “Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”. Pere Oriol Costa Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) “Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. Luis Arroyo Experto en comunicación política e asesor do Gobierno de España.

O autor/a

Á parte dos seus artigos e conferencias sobre comunicación electoral e público-institucional, publicados en diversos congresos e revistas de ámbito académico, Xosé Rúas Araújo (Vilarnaz-Coles, 1970) é coautor, entre outros, dos libros Cómo gañar ou perder unhas eleccións (2004) e Información, opinión e propaganda na prensa galega durante as primeiras eleccións da democracia (2006). Nas eleccións municipais de maio de 2007 asesorou en materia de comunicación os candidatos dunha cidade e dúas vilas galegas.Os tres resultaron elixidos.



Xosé Rúas utiliza en este libro su dilatada trayectoria como periodista, columnista, profesor, investigador universitario y asesor de comunicación política, para acercarnos, en un tono didáctico y ameno, enriquecido por constantes anécdotas y notas de humor, las claves teóricas y técnicas de la propaganda y del marketing electoral.