RAMÓN CABANILLAS, CAMBADOS E O MAR DA AROUSA

RAMÓN CABANILLAS, CAMBADOS E O MAR DA AROUSA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9914-900-4
Páginas:
368
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

28,95 €

Ramón Cabanillas, o «poeta arelado», é o centro de case todos os textos deste libro do profesor Francisco Fernández Rei (21 éditos e 9 inéditos) sobre a memoria de Cambados e, particularmente, a súa cultura mariñeira; sobre a entrega xenerosa do autor de ?Vento mareiro? á dignificación de Galicia e á construción do galego literario, e sobre a presenza do mar da Arousa na súa obra e na doutros escritores, mesmo da Galicia interior, o que fai que ese mar sexa o de maior presenza na literatura galega moderna.
Os textos, redactados entre 1999 e 2014 (agás dous do 1977), agrúpanse en cinco apartados: I) a memoria e as paisaxes de Cambados, II) notas biográficas e literarias de Cabanillas, III) a fala de Fefiñáns e a lingua literaria do escritor cambadés, IV) o mar en Cabanillas e o literario mar da Arousa, V) reivindicación e valorización de Ramón Cabanillas, símbolo do movemento agrarista e poeta das Irmandades da Fala, que no «inverno» franquista mantivo o compromiso co idioma e que nos anos cincuenta se embarcou na resistencia cultural do galeguismo.

Otros libros del autor

  • DIALECTOLOXÍA DA LINGUA GALEGA
    Titulo del libro
    DIALECTOLOXÍA DA LINGUA GALEGA
    FERNÁNDEZ REI, FRANCISCO
    ¿Cantos galegos hai? ¿Qué variantes realmente representativas caracterizan as distintas áreas xeográficas da lingua ...
    Descatalogado

    25,70 €