RELATOS MARIÑEIROS

RELATOS MARIÑEIROS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-933-6
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

17,95 €
Comprar

Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas que teñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta e cincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantes galegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío, fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes; vidas ancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro que levaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan o Cativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seu lapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación. Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote de Camariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira; o Xaquín, o vello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor e xenreira; o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da Casa Branca aprendeu a fala nosa; ou o Xoán Barreiro, dirixente do Sindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do ano trinta e un...
Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditada brevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilación léxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción, apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unha das máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.

Otros libros del autor

  • CASTELAO EN CUBA
    Titulo del libro
    CASTELAO EN CUBA
    NEIRA VILAS, XOSE
    En 1938-39 Castelao visitou Cuba como representante do Goberno da República española na procura de axuda; volveu en ...
    RECÍBELO EN 48H

    24,15 €

  • O HOME DE PAU
    Titulo del libro
    O HOME DE PAU
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    En 1988, Xosé Neira Vilas, daquela xefe de redacción de "Zunzún", a revista infantil publicada en Cuba, deu cabo aos...
    Consulte previamente la disponibilidad

    13,50 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (NOVELA GRÁFICA) BANDA DESEÑADA
    Titulo del libro
    MEMORIAS DUN NENO LABREGO (NOVELA GRÁFICA) BANDA DESEÑADA
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre.”Así comeza o libro máis lido e trad...
    RECÍBELO EN 48H

    21,30 €

  • HISTORIAS DE EMIGRANTES
    Titulo del libro
    HISTORIAS DE EMIGRANTES
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describ...
    RECÍBELO EN 48H

    14,40 €

  • GALEGOS NO GOLFO DE MÉXICO
    Titulo del libro
    GALEGOS NO GOLFO DE MÉXICO
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Neira Vilas é un pintor nato, un home que en Historias de emigrantes fai, dese A Habana, notables retratos e describ...
    RECÍBELO EN 48H

    24,30 €