REPENTE GALEGO

REPENTE GALEGO. LIBRO SOBRE O IMPROVISO

Editorial:
DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-8457-457-6
Páginas:
342
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Este libro é a primeira monografía adicada a este tema escrita na Galiza, un exhaustivo traballo sobre as implicacións, prácticas, reflexións e protagonistas da improvisación oral galegas en contexto con outras manifestacións noutros lugares que aínda se conservan e practican. Unha investagación de máis de cinco anos e un ensaio necesario para comprendermos un pouco máis do noso patrimonio inmaterial.

Adiantamos en exclusiva unhas breves liñas do prólogo realizado polo investigador basco Joxerra Garzia.

“Unha vez máis, fica patente que a auténtica modernidade se alcanza profundando na tradición e non imitando modelos foráneos. Cando se aposta en serio por afondar e actualizar a esencia das tradicións, o resultado é case sempre satisfactorio: por unha parte, os novos xéneros dótanse dunha raíz que os afasta do perigo de non ser senón unha moda pasaxeira; por outra parte, os xéneros tradicionais asegúranse unha supervivencia que non se reduce á condición de obxecto de museo.”

Ramom Pinheiro, historiador da música e director artístico de aCentral Folque, vén de publicar 'Repente galego', un completísimo estudo sobre o improviso e a retórica galaica. Un auténtico "antídoto contra a vulgaridade que impera na nosa academia", como o define Joxerra Garzia, o especialista vasco que prologa o libro que vén de editar a Deputación de Pontevedra.
Etiquetas:
repente ramom-pinheiro
Compartir
Chuza! Chuzar
Difundir a nova en Cabozo Difundir
Rede BelvísBelvís

- Imaxinabamos un libro divulgativo, mais é un traballo exhaustivo, un manual de referencia para quen queira saber algo sobre o repentismo galego de aquí aos vindeiros 50 anos. Canto tempo che levou facelo?

- Divulgativo tamén é. A investigación levoume cinco anos. E logo con Sergio de la Ossa, que foi o que fixo a transcrición das partituras e a análise musical, realmente comezamos a finais de 2008 ou 2009.

- Financiouno a ORAL.

- Si, eles levaban xa 20 anos traballando e vían que non se xeraba interese académico, nin había publicacións e pretendían unha publicación máis etnográfica. Entón contratáronme uns meses. Eu, inconsciente, cría que isto estaba máis estudado, e cando me puxen a estudar xa vin que isto era un mundo e pagáronme uns meses do primeiro ano e estiven traballando cinco. Así foi a cousa.

Na montaña non hai atención, nin sequera hai -como na zona de Bergantiños- un certo orgullo ou coñecemento local.

- O repente é un fenómeno que vai moito máis alá do que imaxinamos as profanas na materia. Como o definirías?

- A día de hoxe, definiríao como unha arte retórica. De feito, eu creo que -entre aspas- a grande achega para o enfoque en Galiza é que isto sempre se considerou poesía popular improvisada ou literatura popular dunha maneira máis ou menos improvisada, pero nunca se fixera unha aproximación como xénero retórico e o día que o ves desde este punto de vista, entendes que hai moitas formas de retórica artística, que poden ser máis ou menos improvisadas, pero que comparten o mesmo mecanismo e as mesmas ferramentas internas. Realmente foi desde onde o traballei. A día de hoxe podería ser moitas cousas dependendo desde de onde se observase, pero é unha arte retórica. Retórica epidíptica se chama tecnicamente. Sermos Galiza