REVISTA GRIAL 212 OCT-NOV-DIC 2016

REVISTA GRIAL 212 OCT-NOV-DIC 2016

Editorial:
GRIAL
ISBN:
978-92-0-239926-6
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

12,00 €

Novas incorporacións á revista GRIAL. Historia e memoria do 36

Novas incorporacións á revista GRIAL

Na procura de renovar os equipos de pensamento e redacción da revista, que dende 1963 acude puntualmente á cita cos lectores, GRIAL presenta neste número 212 novas incorporacións ao seu Consello de Redacción.

Xente nova para renovar unha publicación que dende hai 54 anos constitúe un referente da cultura galega e en lingua galega: a economista María Loureiro, a especialista en artes escénicas e escritora Inma López Silva, a ensaista e escritora María López Raimóndez, o catedrático de Electomagnetismo e ensaista Jorge Mira, o politicólogo, xornalista e crítico cultural Grial Parga.

Con anterioridade, a redacción de GRIAl inciorporoui a Marilar Alexandre, que recentemente vén de ingresar na Real Academia Galega, e experta en arte Agar Ledo.

Historia e memoria do 36

Nesta nova entrega de GRIAL volvemos á memoria histórica como centro de reflexión e debate, nun monográfico coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores Villanueva, e no que participan tamén profesores e especialistas no tema como Antonio Cazorla, Germán Labrador e Lourdes Otaegui.

María Dolores Cabrera pon de novo en valor fondos da Fundación Penzol, neste caso a interesanrte correspondencia que Víctor Casas, dirixente galeguista e daquela administrador d’A Nosa Terra, asesinado polas súas ideas en 1936, a Fermín Penzol, militante nas Mocidades Galeguistas en Madrid nos anos 20. A maiores, xunto coas sección tradicionais de libros e a Crónica de Roma, colaboran o profesor Alonso Montero cun traballo sobre a filóloga portuguesa Elsa Gonçalves, Xosé A. Ponte Far, cun traballo sobre Valle-Inclán e a súa relación coa cultura galega, o especialista en intelixencia artificial, Ramón López de Mántaras, que entrevista ademais a una das grandes autoridades no tema, Marvin Minsky, no Media Lab do MIT (Massachusttes), e una nova entrega do sociolinguístca brasileiro Dante Luchesi.

Podes ver o sumario pinchando aquí, a carta do director aquí mesmo e a entrevista con Marvin Ninsky

Otros libros del autor