RICARDO CARVALHO CALERO. O ANXO DA TERRA

RICARDO CARVALHO CALERO. O ANXO DA TERRA. LETRAS GALEGAS 2020 AUTOR FERROLANO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9151-436-7
Páginas:
208
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,10 €
Comprar

Da maneira que na novela Scórpio diversos narradores constrúen a biografía do protagonista, así neste libro diferentes narradores iluminan o conxunto da obra literaria, lingüística ou filolóxica de Carvalho Calero e as sucesivas etapas biográficas.

Os anos infantís en Ferrol, a vida universitaria e política xa na compaña de María Ignacia Ramos Díez, a guerra e o presidio, a dura posguerra e a fértil xeira de Fingoi, o seu labor académico, a súa entrega a Galaxia e o período da docencia universitaria. Tamén o ciclo vizoso como profesor xubilado e a incesante presenza e reivindicación de Ricardo desde o seu pasamento até os nosos días.

Escritor precoz e total durante seis décadas, entregado militante do nacionalismo republicano, intelectual brillante e libre sempre entregado á nosa cultura, Carvalho Calero ocupa un dos lugares máis sobranceiros na historia galega do século XX. Podemos afirmar del o que el dicía de Otero Pedrayo. Contra Carvalho Calero non se pode construír o noso país.

Otros libros del autor