RIGEL E OS SEGREDOS DO TAMBOR

RIGEL E OS SEGREDOS DO TAMBOR

Editorial:
FERVENZA
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-19840-10-3
Páginas:
111
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

17,00 €
Comprar

Poemario que busca espertar o espírito infantil que todos temos, rememorando aquela curiosidade que xurdía ante todo o descoñecido. Un libro que desfrutarán por igual rapaces e maiores e no que adquire protagonismo todo aquilo que representa o lonxano, como son as galaxias, e tamén a certeza do concreto, como é o tambor, pero non un tambor calquera, senón unha caixa de resonancia onde cada son é un segredo.
Mergullada no mundo dos nenos, na escola, na casa e nas lembranzas a autora recréase en feitos cotiáns e soños de fantasía compartidos cos seus lectores neste cativo poemario. Namorada da fermosura das verbas, escribe no encerado da clase o seu primeiro poema para os rapaces de primaria, “Era unha muller artista” e faino dun chimpo, para lles aprender a xogar con elas e dar saída aos sentimentos e aos soños. Eles, os escolantes, len moi ledos as asegurando, con certeza, as vindeiras e entón insospeitadas publicacións da mestra.
Rigel é unha verba árabe que quere dicir pé. É unha estrela super xigante, branco-azul, a máis brillante da Constelación Orión, tamén chamada do Cazador, que ten a Rigel no seu pé. É a sétima estrela máis luminosa do ceo nocturno e nela, a escritora topa unha figura evocadora do misterio, a inmensidade, a beleza e a luz.