RIMAS CON LETRA

RIMAS CON LETRA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 7 AÑOS
ISBN:
978-84-8302-568-0
Páginas:
56
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MERLIN
Disponibilidad:
Agotado

8,65 €

Récollese neste libro un conxunto de poemas que unen a intencionalidade lúdica a unha perspectiva didáctica. Son poemas imaxinativos e divertidos, dos que pode gozar calquera neno ou nena sexa cal for a súa idade, pero que están pensados sobre todo para os primeiros lectores.

Así no libro faise un percorrido polo alfabeto galego, dedicándolle un poema a cada unha das letras. Tómase sempre como punto de partida unha ou varias palabras, sempre moi suxestivas e motivadoras, que conteñan esa letra concreta: aro, billa, caracol, chepa, dente, embigo, fraco, gordo, imperdible, lora, parella, mar, núa, niño, ovo, paraugas, queixeiro, rato, serpe, temón, uña, vaca, xuntos, zángano.

E así a autora vai construíndo os poemas, empregando a un tempo os recursos expresivos da literatura popular de tradición oral e os da poesía infantil máis actual.

Cada un dos poemas acompáñase dunha moi expresiva ilustración, da autoría de Mª Fe Quesada, que nos ofrece sempre unha divertida versión plástica do tema desenvolvido nos versos, ademais de xogar coa forma da letra correspondente, procurando sempre unha identificación cun determinado concepto presente no poema.

Otros libros del autor

  • FRANGULLA
    Titulo del libro
    FRANGULLA
    SANCHEZ GARCIA, GLORIA
    Descatalogado

    11,10 €

  • MANUAL PARA UNA PEQUEÑA BRUJA
    Titulo del libro
    MANUAL PARA UNA PEQUEÑA BRUJA
    SÁNCHEZ GARCÍA, GLORIA
    Este libro puede ayudarte a cumplir todos tus deseos, pero también puede ser muy peligroso. ¡Cuidado! ...
    En espera de recibir

    9,95 €