RITUAL PRA UNHA TRIBU CAPITAL DE CONCELLO

RITUAL PRA UNHA TRIBU CAPITAL DE CONCELLO. CAPITAL DE CONCELLO FELIPE SENEN

Editorial:
FOLLASECAS
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-398-7859-9
Páginas:
122
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

25,00 €
Comprar

Manuel María, fillo de dous labregos acomodados -Antonio Fernández Núñez, que foi alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova-, estudou as primeiras letras na súa vila e en Rábade. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato nos maristas e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando por mediación de Celestino Fernández de la Vega, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina, Aquilino Iglesia Alvariño ...) que o puxeron en contacto co mundo literario galego; desa época data tamén a súa amizade con Uxío Novoneyra.

En 1950 publicou o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". Froito da decepción recibida por suspender os exames de ingreso á Universidade de Santiago foi o seu segundo poemario Morrendo a cada intre. Realizou o servizo militar en Compostela e alí acudía á tertulia do Café Español, onde fixo grande amizade con Carlos Maside. Ao rematar o servizo militar volveu a Lugo, prepárase como procurador, e en 1954 gañou os Xogos Florais de Ourense.

En 1958 instalouse en Monforte como Procurador dos Tribunais, ao tempo que daba clases nunha academia e colaboraba nunha emisora de radio e ao ano seguinte casou con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, ao tempo que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación cultural impartindo conferencias e recitando poemas; organizou a editorial Xistral e coa súa dona montou a Librería de igual nome, presentou tamén no Teatro Capitol de Santiago a Nova Canción Galega o 1 de decembro de 1968. Sendo a poesía o seu xénero preferido, tentou a man tamén co ensaio, a narrativa e o teatro. Pasou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político. Elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1970, finalmente renunciou nunha carta pública que apareceu nos xornais galegos en 1975.

Militante de base da UPG e da Frente Cultural da AN-PG, foi concelleiro en 1979 en Monforte, mais en 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. No xornal A Nosa Terra escribiu a columna Andando a Terra. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis, a raíz do desastre do Prestige.

No 1997 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Manuel María é un dos poetas galegos máis musicados, entre outros gravaron poemas seus como O Carro, María Manuela, Suso Vaamonde, Fuxan os ventos, A Quenlla ou Chorimas.

Ingresou na Real Academia Galega o 15 de febreiro de 2003 co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe.

O 7 de setembro do 2013 inaugurouse a súa casa-museo en Outeiro de Rei, a Casa das Hortas. [1]

Otros libros del autor

  • UXIA. CANTA A MANUEL MARIA
    Titulo del libro
    UXIA. CANTA A MANUEL MARIA
    MARIA, MANUEL
    Disponible en 72h

    15,00 €

  • OS LONXES DO SOLPOR
    Titulo del libro
    OS LONXES DO SOLPOR
    MARIA, MANUEL
    Os lonxes do solporAutor: Manuel MaríaA publicación contén un LIBRO + CD + DVD. Tres formatos distintos para “voar c...
    Disponible en 5 días

    20,00 €

  • SONETOS Á CASA DE HORTAS
    Titulo del libro
    SONETOS Á CASA DE HORTAS
    MARIA, MANUEL
    A Fundación reedita este fermoso poemario que constitue unha guía imprescindible para unha visita A Casa museo Manue...
    Disponible en 5 días

    8,00 €

  • O BIGOTE DE MIMI
    Titulo del libro
    O BIGOTE DE MIMI
    MARIA, MANUEL
    O BIGOTE DE MIMIFUNDACION MANUEL MARIAMANUEL MARIA;XAQUIN MARIN Materia: NARRATIVA INFANTIL DATA DE EDICIÓN:01...
    Disponible en 5 días

    8,00 €

  • CANDO O MAR FOI POLO RÍO
    Titulo del libro
    CANDO O MAR FOI POLO RÍO
    MARIA, MANUEL
    Disponible en 5 días

    9,00 €