O carácter propiamente inédito do pensamento de Robespierre consiste en pensar a Revolución no mesmo momento en que esta se produce, en dominar intelectualmente os seus acontecementos, en inventar por enteiro a súa terminoloxía. Isto non ten precedente. O “Incorruptíbel” é á vez actor e producto da Revolución. Robespierre troca ese “ousa saber” que Kant fixara como premisa da Ilustración, por un “ousa facer”. Isto é: realizar unha política da filosofía.
Tradución do francés de Francisco Sampedro.