ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-253-9
Páginas:
152
Encuadernación:
paperback
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

17,00 €
Comprar

Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarcal. Antes de que se estudase e se lle dese nome ao patriarcado, esta galega xa foi pioneira, con orixinalidade e con audacia, nun tema vixente na actualidade, causante dun holocausto que non se frea. Nas novelas e ensaios rosalianos e en boa parte da súa poesía a muller é a principal protagonista, unha muller que padece os efectos do abuso do patriarcado, tanto no aspecto político como emocional, sendo, como sinala Kathleen March, "a opresión da muller o seu tema único".
María Xosé Queizán reúne aquí sete ensaios de temática rosaliana, dende o introdutorio, que lle dá título, no que se estuda o carácter feminista de toda a obra rosaliana, pasando polos que abordan o amor e o suicidio na obra poética, até os dedicados á súa consideración a través da historia e á persecución que sufriu no seu tempo. Complétase o libro con media ducia de poemas e dous relatos nos que Queizán homenaxea a nosa primeira escritora.

Otros libros del autor

  • SON NOXENTO
    Titulo del libro
    SON NOXENTO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a ca...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • A BONECA DE BLANCO AMOR
    Titulo del libro
    A BONECA DE BLANCO AMOR
    QUEIZAN, MARIA XOSE
    A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andra...
    Disponible en 5 días

    14,00 €

  • TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA
    Titulo del libro
    TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En Ten o seu punto a fresca rosa, María Xosé Queizán acada a súa plenitude literaria, ofrecéndonos unha obra dunha n...
    Descatalogado

    16,65 €

  • AMOR DE TANGO
    Titulo del libro
    AMOR DE TANGO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquist...
    Disponible en 5 días

    16,85 €

  • ¡SENTINELA, ALERTA!
    Titulo del libro
    ¡SENTINELA, ALERTA!
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en ta...
    Disponible en 5 días

    16,85 €