SANTIAGO DE COMPOSTELA A CIDADE DO MILAGRE

SANTIAGO DE COMPOSTELA A CIDADE DO MILAGRE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-9151-054-3
Páginas:
96
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,95 €

O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
O Consorcio de Santiago e Galaxia publican un libro con dous textos de Carlos Casares nos que o autor realiza unha viaxe literaria por Compostela e afonda na lenda do milagre do Apóstolo.
Os textos, escritos orixinariamente en castelán no ano 1993, están ademais traducidos ao galego e ao inglés.
Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publican un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Os dous textos orixinais foron escritos polo autor en castelán e publicáronse no ano 1993 en revistas especializadas. O primeiro deles, titulado Santiago. Milagro y leyendas, publicouse na revista ?Leer?, dedicada ao mundo cultural e literario. O segundo, El milagro de Santiago de Compostela, publicouse en ?Ronda Iberia?, a revista de a bordo da compañía aérea. Nestes artigos o escritor realiza unha viaxe literaria pola cidade de Compostela, ao tempo que afonda na lenda do milagre do Apóstolo Santiago. Este volume recolle ademais a tradución de ámbolos dous textos ao galego e ao inglés.
O libro, editado en tapa dura, reúne así mesmo unha trintena de fotografías de Santiago, na súa maioría pertencentes ao arquivo do Consorcio de Santiago e ao arquitecto do organismo interadministrativo Ramón Fernández Hermida. As imaxes refírense ao fragmento de texto que ilustran en cada caso. A meirande parte delas amosan distintos espazos da catedral de Santiago, rúas e prazas emblemáticas da cidade histórica, igrexas e outros edificios significativos como a sede da Universidade, esculturas vencelladas ao milagre do Apóstolo, o Camiño de Santiago?

Otros libros del autor

  • VIENTO HERIDO
    Titulo del libro
    VIENTO HERIDO
    CASARES, CARLOS
    Cuando se publicó en 1967, «Viento herido» supuso un auténtico terremoto en el panorama de la literatura gallega, a ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • VICENTE RISCO
    Titulo del libro
    VICENTE RISCO
    CASARES, CARLOS
    Primeira biografía de Vicente RiscoO 30 de outono de 1920 publicouse o primeiro número da revista Nós, que deu nome ...
    Disponible en 5 días

    17,20 €

  • SUICIDIO DE JONAS BJORKLUND E OUTRAS HISTORIAS, O
    Titulo del libro
    SUICIDIO DE JONAS BJORKLUND E OUTRAS HISTORIAS, O
    CASARES, CARLOS
    Recóllese neste libro de Carlos Casares unha colección de relatos dispersosen galego, e castelán, algún deles inédit...
    Disponible en 5 días

    16,20 €

  • A LEDICIA DE LER
    Titulo del libro
    A LEDICIA DE LER
    CASARES, CARLOS
    RECÍBELO EN 72H

    30,50 €

  • O EXPRESO DA LITERATURA E OUTROS ENSAIOS
    Titulo del libro
    O EXPRESO DA LITERATURA E OUTROS ENSAIOS
    CASARES, CARLOS
    Unha escolma de artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Balelster,...
    Disponible en 5 días

    17,75 €