SANTIAGO MONUMENTAL APUNTES DE SEGUNDO HEVIA

SANTIAGO MONUMENTAL APUNTES DE SEGUNDO HEVIA. APUNTES DE SEGUNDO HEVIA

Editorial:
TEOFILO
Año de edición:
ISBN:
978-84-939061-9-1
Páginas:
196
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

19,97 €

“Santiago monumental. Apuntes de Segundo Hevia”, é unha publicación que amosa unha escollida selección dos dibuxos ao natural do artista Segundo Hevia coa cidade de Santiago de Compostela como referente.

Esta obra se plasma como caderno de apuntes do cuarelista e dibuxante que afonda no valor do instante de diferentes zonas da Compostela monumental, cidade á que se dedica o libro. Temos diante de nós os traballos previos a unha pintura definitiva que Segundo Hevia realizou ao longo da súa dilatada traxectoria artística.

“Santiago monumental. Apuntes de Segundo Hevia” nos invita a disfrutar dunhas pinceladas, escollidas polo propio artista de entre máis de 2.500 bocetos, que reflicten a maestría e madurez de quen soubo plasmar a realidade de Santiago de Compostela con naturalidade, desde a súa beleza monumental ata as súas xentes, pasando polas rúas e pintorescos currunchos.

Asinado conxuntamente con Luis Posse Vidal, esta publicación invita a deter a mirada con atención en cada unha das súas páxinas. Unha obra que ven a confirmar a condición de Segundo Hevia como cronista ao pincel de Santiago de Compostela, cidade na que leva residindo máis de cincoenta anos e a que chegou desde Pontevedra, a súa cidade de orixe.