SAROU LOUZÓS

SAROU LOUZÓS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-400-9
Páginas:
184
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

20,95 €
Comprar

Durante máis de vinte anos, a obra narrativa de Ramón Caride, paralelamente a outras xeiras e debalos mundo adiante, foi poboando os seus dous lugares referenciais, tan familiares como míticos -Sarou, nas Rías Baixas; e Louzós, no corazón da Galiza central-, con historias do máis escuro e violento realismo, rescatadas dos xornais e da nosa memoria común; e tamén con personaxes marcados a ferro pola vida. Fitos e alicerces da nosa serie negra, estas historias son tamén expresións dun mundo propio, dun universo duro, acedo e conflitivo, onde só o amor, contadas veces, é quen de poñer luz, ou de tentar dar acougo.
Por primeira vez, todos os relatos do ciclo recóllense xuntos e organizados polo autor nun volume unitario. Xa que logo, este é un libro senlleiro; en verbas de Xosé Vázquez Pintor: unha «crónica de sucesos a pé de obra, estes retratos de urxente xornalismo que xa se instala na retina, no de cada día; e todos somos cómplices, parte destas historias de infinita soidade e infinitas arañas a tecer os cabos do naufraxio».

Otros libros del autor

  • O MISTERIO DAS ZOCAS
    Titulo del libro
    O MISTERIO DAS ZOCAS
    CARIDE, RAMON
    María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas n...
    RECÍBELO EN 48H

    13,50 €

  • AS SUPERVIVENTES
    Titulo del libro
    AS SUPERVIVENTES
    CARIDE, RAMÓN
    Tres mulleres coinciden na sala de espera de urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este imprevist...
    RECÍBELO EN 48H

    17,50 €

  • O SANGUE DOS CAMIÑOS
    Titulo del libro
    O SANGUE DOS CAMIÑOS
    CARIDE, RAMÓN
    sangue dos camiños é unha novela chea de trama, de argumento, de verdadeira historia. Unha historia que nos fai refl...
    En stock

    18,00 €

  • AS MÚSICAS VIAXEIRAS
    Titulo del libro
    AS MÚSICAS VIAXEIRAS
    CARIDE, RAMÓN
    En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. ...
    RECÍBELO EN 48H

    14,50 €

  • A VELOCIDADE CRÍTICA
    Titulo del libro
    A VELOCIDADE CRÍTICA
    CARIDE, RAMÓN
    En palabras de Ramón Prol : "Coma un flâneur do século XXI , Ramón Caride percorre o contorno cotián coma unha teste...
    Consulte previamente la disponibilidad

    15,00 €