SERVICIO DE URXENCIAS

SERVICIO DE URXENCIAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-827-8
Páginas:
192
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

14,90 €
Comprar

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.
O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo.
O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

Otros libros del autor

  • O SEGREDO DE JOSEPH HAYDN
    Titulo del libro
    O SEGREDO DE JOSEPH HAYDN
    DE TORO, SUSO
    Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o leva...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €

  • DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    Titulo del libro
    DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    DE TORO, SUSO
    Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aque...
    RECÍBELO EN 48H

    12,95 €

  • AMBULANCIA
    Titulo del libro
    AMBULANCIA
    DE TORO, SUSO
    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicue...
    Disponible en 5 días

    13,95 €

  • UNHA ROSA É UNHA ROSA
    Titulo del libro
    UNHA ROSA É UNHA ROSA
    DE TORO, SUSO
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á...
    RECÍBELO EN 48H

    12,95 €

  • POLAROID
    Titulo del libro
    POLAROID
    DE TORO, SUSO
    A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narra...
    RECÍBELO EN 48H

    18,95 €