SKUGGA-BALDUR

SKUGGA-BALDUR. TR. ELIAS PORTELA FERNANDEZ

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-936413-9-9
Páginas:
116
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

14,02 €

Tradución do islandés de Elías Portela Fernández

“O sábado 17 de abril do ano 1868 un enorme mercante encallou nos cantís de Önglabrjótsnef, na península de Reykjanes... Todo era tan formidable naquel balandro xigante, tan excepcionalmente estraño, que ninguén o crería se non o vise cos seus propios ollos.” Un sinistro naufraxio trae a ledicia a unha vila do suroeste de Islandia, ó tempo que cambia a vida do xoven Fridrik B. Fridjónsson, un universitario bohemio residente en Copenhague, introducindo no seu destino o personaxe de Abba, a misteriosa rapaza con síndrome de Down e acusada de infanticidio que quedará baixo a súa tutela. Fridrik decide entón ficar no país natal e mudarse ó humilde eirado que lle deixaron seus pais na parroquia de Dalur. Alí chegará tamén pouco despois un novo párroco, o reverendo Baldur Skuggason, e aínda que as súas vidas non se han de cruzar demasiado, a figura do sacerdote será esencial para desvela-los misterios do seu fado. Paralelamente a estes eventos, o desenvolvemento dunha cacería levará a trama a un nivel alegórico, abrindo un diálogo entre o cazador e o raposo, ou simplemente, entre home e natureza, cuxo desenlace restituirá a orde das cousas neste pequeno universo mítico “nas lindes do mundo habitable”. O título de Skugga-Baldur: unha lenda islandesa remite ó nome dunha voraz criatura da mitoloxía nacional, xerada dun gato e dunha raposa, á vez que entrelaza as lendas populares co nome do reverendo Baldur Skuggason. O gusto persoal do autor polos subtítulos xoga coas expectativas do lector, levándoo a reconsidera-la tradición literaria e os seus valores, á vez que redefine o xénero e abre novas posibilidades na literatura islandesa. Baixo o lema das Metamorfoses de Ovidio, “todo cambia, nada se destrúe”, Sjón fía unha historia inesperada en que personaxes e elementos adquiren constantemente un novo cariz e onde o mito e o romanticismo cobran a forma dunha obra literaria de vangarda.

Otros libros del autor

  • SKUGGA BALDUR
    Titulo del libro
    SKUGGA BALDUR
    SJON
    Un sinistro naufraxio trae a ledicia a unha vila do suroeste de Islandia, ao tempo que cambia a vida de Fridrik B. F...
    Descatalogado

    14,00 €

  • EL CHICO QUE NUNCA EXISTIÓ
    Titulo del libro
    EL CHICO QUE NUNCA EXISTIÓ
    SJÓN
    La sociedad islandesa de 1918, amenazada por la gripe española y donde la homosexualidad está muy mal vista, es el m...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €

  • O RAPAZ QUE NUNCA EXISTIU
    Titulo del libro
    O RAPAZ QUE NUNCA EXISTIU
    SJON
    Reykjavik, 1918. A erupción do volcán Katla cobre a cidade dun veo crepuscular. En Europa acaba de rematar a Gran Gu...
    RECÍBELO EN 72H

    17,00 €

  • EL ZORRO ÁRTICO (NE)
    Titulo del libro
    EL ZORRO ÁRTICO (NE)
    SJÓN
    El zorro ártico (Skugga-Baldur), novela ganadora del prestigioso Premio de Literatura del Consejo Nórdico en 2005, e...
    RECÍBELO EN 72H

    16,50 €