SOCIAIS

SOCIAIS

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-96893-55-9
Páginas:
288
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

30,77 €

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso, por motivos administrativos alleos a nós e á marxe da dinámica habitual, os referidos a 4º curso da ESO, de forma que coincidan coa aplicación da gratuidade e posibilitar así o máximo aproveitamento do material.



Os autores, Xosé Alfeirán Rodríguez e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.



A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado.



Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.



As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.



O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.



O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.



Ao final de cada unidade incorpóranse tres dobres páxinas que pretenden axudar a reforzar as competencias básicas que se traballaron ao longo da unidade. Estas preséntanse na forma de:



Monografías, nas que se investiga e produndiza sobre un tema relacionado coas unidades, normalmente referido a algunha especifidade galega e/ou á realidade das mulleres.

Lecturas complementarias, para completar e reflexionar sobre aspectos relacionados coa unidade.

Lembra e aplica, con actividades e recomendacións para aplicar, ler, ver e investigar na busca de información.

Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.



Ademais, os autores propoñen un conxunto de materiais, organizado coa mesma secuencia temporal e temática que o libro do alumnado, con catro obxectivos: dispor de recursos para abordar un tratamento diversificado; contar con información complementaria relacionada coa temática xeral da unidade de moi diferente entidade, desde conceptos novos como de carácter máis trivial ou de simple curiosidade; propor actividades lúdicas nas que se reforzan contidos; e, por último, contar con modelos de avaliación para cada unidade coa súa correspondente solución. O libro de texto acompáñase do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual.