Sinopsis
1980, Lech Walesa, traballador dun estaleiro en Gdansk, Polonia, lidera unha revolta contra o poder estabelecido. 1990, coa caída do Muro de Berlín, unha anciá reencóntrase coa súa familia logo de décadas de separación. 1996, Fadumo, unha inmigrante somalí, sobrevive na afastada Suecia para sacar adiante a súa filla pequena. 2027, nun mundo dominado polas redes sociais, a filla daquela inmigrante persegue o soño de cambiar o mundo escribindo unha saída coas súas palabras. Soños europeos é, dalgún xeito, unha rede de historias humanas, individuais, que se conectan cos grandes momentos de cambio e migración na Europa do último medio século.
Autor: Puikkonen (gal), Emma
Puikkonen (gal), Emma
Emma Puikkonen (Hämeenlinna 1974) dedícase ao ensino teatral e á escrita. Foi fundadora de varias iniciativas culturais relacionadas coas artes escénicas, escribiu diversos libretos teatrais e publicou a súa obra en prosa, Kissaihminen en 1987. Como autora de narrativa para adultos estreouse en 2001 coa obra Turkulainen näytelmä, á que seguiron Näköala (2004) e Matkamusiikkia (2013). En 2016 publicou Eurooppalaiset unet (‘Soños europeos’), obra pola que foi nominada aos premios Finlandia e ao Tulenkantaja. En 2017 publicou Äänihäkki, escrita a medias coa súa nai.