TEIXIDO SAN ANDRES DE LONXE: MITOS E RITOS

TEIXIDO SAN ANDRES DE LONXE: MITOS E RITOS. AUTORA DE FERROL

Editorial:
ENGAIOLARTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-946500-2-4
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

30,00 €
Comprar

Xohana Torres.


(Ferrol, 1931 - Vigo, 2017) Nacida en Ferrol, viviu sucesivamente na Coruña e Vigo para recalar finalmente no concello de Nigrán, onde construíu a casa familiar e viviu durante varias décadas, ollando o Atlántico desde a ladeira de Monteferro, unha visión que ten deixado fonda pegada na súa voz literaria.

Poeta, dramaturga e novelista, Xohana Torres ten percorrido todo o abano literario. A escritora que no seu discurso de entrada na Academia Galega afirmou “as mulleres sostemos a metade do ceo” é un punto de referencia polo seu compromiso desde moza co sostemento e a difusión da lingua e a cultura do país, nun tempo en que as dificultades políticas e de difusión eran máximas. Aínda que sempre mantivo un perfil público baixo, a importancia da súa obra é unanimemente recoñecida por toda a crítica. Aquí podes consultar máis datos sobre a súa obra.


Xohana Torres escribiu este ensaio en 1972 e gañou o I Premio Federico Maciñeiras da Deputación da Coruña. Permanecía inédito desde entón e agora forma parte da Biblioteca Xohana Torres que Engaioarte ven publicando desde 2016. Unha viaxe a un mito popular que atravesa o tempo con forza, convocando aos mortos que non foron de vivos. Mito galego principal a poeta, dramaturga e novelista puxo todo o seu oficio para conectar e explicar o pano de fondo xeográfico, telúrico, coa simboloxía universal que convoca a miles de persoas á pequena igrexa fronte á imensidade do Atlántico.