TIC TAC

TIC TAC

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-002-8
Páginas:
320
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

26,50 €
Comprar

Xa van dez anos dende que se publicara "Tic-Tac" por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos"perturbadora", "patética" e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. Un volume que inclúe, ao seu remate, o texto "Autopsia. (Epílogo á inglesa)", preparado por Antonio Francisco Pedrós-Gascón, profesor de The Ohio State University, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo.
"Tic-Tac" é unh "grande puzle", como o define X. González Gómez, formado polas narracións orais ou escritas de Nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (...) "Tic-Tac" é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a "Realidade", senón unha "realidade": a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.

Otros libros del autor

  • LAND ROVER
    Titulo del libro
    LAND ROVER
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns reencóntranse na cidade para repartir a herdanza da nai, unha muller temida e case meiga que marcou alá ...
    RECÍBELO EN 48H

    18,95 €

  • O SEGREDO DE JOSEPH HAYDN
    Titulo del libro
    O SEGREDO DE JOSEPH HAYDN
    DE TORO, SUSO
    Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o leva...
    RECÍBELO EN 48H

    14,50 €

  • DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    Titulo del libro
    DESCUBRINDO ANA PONTÓN
    DE TORO, SUSO
    Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aque...
    RECÍBELO EN 48H

    13,50 €

  • AMBULANCIA
    Titulo del libro
    AMBULANCIA
    DE TORO, SUSO
    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicue...
    Consulte previamente la disponibilidad

    14,50 €

  • UNHA ROSA É UNHA ROSA
    Titulo del libro
    UNHA ROSA É UNHA ROSA
    DE TORO, SUSO
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á...
    RECÍBELO EN 48H

    13,50 €