TRANSGRESIÓN E FRAXILIDADE.

TRANSGRESIÓN E FRAXILIDADE.. UN RETRATO LITERARIO DE LOIS PEREIRO

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-370-9
Páginas:
74
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

11,90 €

Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha
estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida
tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada
cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente
reflexivo.
Con frecuencia tense aludido á súa obra como saída do
centro da cultura urbana, mais preferimos pensar que Lois
Pereiro estaba á marxe destes parámetros. A súa obra non
acepta os lindes do urbano nin do supostamente rural, que
non deixan de ser referencias concretas e limitadoras.
Pensamos na linguaxe como eixo central na obra de Pereiro.
O poema expresa ou mostra a ferida, o sangue, as feridas
do subconsciente, da sombra, mais tamén do sufrimento físico,
máis consciente, máis evidente. Especialmente nos poemas
do seu último libro, esa cartografía da dor.
A dor está tamén no acto da escrita. E isto aproxímao a
Rosalía, na liña máis autorreflexiva sobre a condición e a traxedia
da escrita, transgresora e fatal, ambos os dous poetas en
conflito e íntimos tormentos.