TRAS DO CEO

TRAS DO CEO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-1110-576-7
Encuadernación:
Otro formato
Disponibilidad:
PREVENTA (recíbelo cuando se publique)

4,79 €
Comprar

Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectivo é «O Solitario», un lendario porco bravo, considerado moi perigoso, a quen se lle atribúe unha morte e ataques a participantes noutras cazarías.
No escenario agreste da batida, dúas mulleres sendeiristas afrontan unha situación de risco e os cazadores acoden na súa axuda. Despois, o que comeza sendo unha conversa informativa e amábel irá derivando nunha tensa discusión, sobre a caza e outros asuntos da vida, até chegar a un punto de violencia verbal. As mulleres, nai e filla, abraiadas pola situación, deciden fuxir.
Dombodán, o máis novo da cuadrilla e o único que é natural de Tras do Ceo, o territorio onde transcorre a historia, vai narrando os feitos que se suceden nunha xornada trepidante. E faino cunha ollada propia, que perturba e engaiola a un tempo, levándonos da comedia ao inferno.
A nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural.

Otros libros del autor

  • ELLA, MALDITA ALMA
    Titulo del libro
    ELLA, MALDITA ALMA
    RIVAS, MANUEL
    EL LIBRO QUE INSPIRA LA SERIE DEL MOMENTOMANUEL RIVASPremio Nacional de las Letras Españolas«Una extraordinaria cali...
    En stock

    19,90 €

  • O LAPIS DO CARPINTEIRO
    Titulo del libro
    O LAPIS DO CARPINTEIRO
    RIVAS, MANUEL
    «O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posgue...
    En stock

    19,50 €

  • O MÁIS ESTRAÑO
    Titulo del libro
    O MÁIS ESTRAÑO
    RIVAS, MANUEL
    Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca ...
    RECÍBELO EN 48H

    27,50 €

  • DETRÁS DEL CIELO
    Titulo del libro
    DETRÁS DEL CIELO
    RIVAS, MANUEL
    LA NUEVA NOVELA DE MANUEL RIVAS Un noir que aborda el poder, la violencia, la corrupción, la defensa de la naturalez...
    RECÍBELO EN 48H

    19,90 €

  • TRAS DO CEO
    Titulo del libro
    TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectiv...
    RECÍBELO EN 48H

    20,50 €