ULTIMAS CARTAS DE JACOPO ORTIS

ULTIMAS CARTAS DE JACOPO ORTIS

Editorial:
HUGIN E MUNIN
Año de edición:
ISBN:
978-84-944422-4-7
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

15,50 €
Comprar

Últimas cartas de Jacopo Ortis, primeira novela epistolar da literatura italiana, partiu de Laura, lettere (1796), unha historia de amor inspirada no suicidio do universitario Girolamo Ortis e no afecto de Foscolo por Isabella Teotochi Albrizzi. Con posterioridade, o autor reelaborou o texto e engadiulle nas sucesivas edicións detalles relacionados coa súa biografía. Para a crítica, a definitiva é a datada en Londres en 1817. O material epistolar preséntase recompilado polo destinatario e suposto editor, Lorenzo Alderani. Jacopo, un mozo burgués inmerso nas loitas políticas do momento, vese obrigado a fuxir de Venecia, e durante a súa estadía nos Euganeos, de camiño ao exilio, escríbelle a Lorenzo longas reflexións sobre o seu descontento pola marcha do país, e confésalle os seus sentimentos por Teresa.

As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana— e dan conta das contradicións do protagonista. De feito, a tensión da obra émáis psicolóxica ca argumental. Na liña da novela sentimental e dos motivos propios do xénero epistolar —sobre o modelo da Nouvelle Héloïse (1761) e do Werther (1774)—, mais tamén influenciado pola obra de Vittorio Alfieri, este texto conxuga o discurso amoroso co político e identitario. Jacopo só enxerga unha saída: a destrución, reflexo da escisión espiritual típica do código romántico.
ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XIX
978-84-944422-4-7

Autor: Ugo Foscolo
Páxinas: 192
Traducido: do italiano por Isabel Soto

Otros libros del autor