UN TIPO LISTO

UN TIPO LISTO. PREMIO GARCÍA BARROS 2009

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-222-2
Páginas:
356
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

22,80 €
Comprar

Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse. A novela de Xosé Monteagudo premiada co García Barros 2009 ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que, cun dominio nada frecuente da materia literaria, propón unha reflexión sobre a relación pais-fillos, a herdanza como carga e como débeda que cómpre asumir para integrarse na sociedade ou a ruptura dos vencellos entre irmáns. Trátase dunha novela que busca un público lector amplo, na que o autor manexa a trama e dosifica a información de tal xeito que o lector se vai internando progresivamente nunha historia inzada de segredos e medias verdades. Mediante unha absorbente historia de suspense, esta novela de Xosé Monteagudo retrata unha sociedade na que as traxectorias de éxito son a miúdo o resultado das máis turbias intrigas.

Otros libros del autor

  • VÉMONOS MAÑÁ
    Titulo del libro
    VÉMONOS MAÑÁ
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai me...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • ETERNITY
    Titulo del libro
    ETERNITY
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021 Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e ...
    RECÍBELO EN 72H

    17,40 €

  • TODO CANTO FOMOS
    Titulo del libro
    TODO CANTO FOMOS
    MONTEAGUDO, XOSE
    Unha novela que percorre máis de un século da historia galegaEstes días comezará a chegar ás librerías do noso país ...
    RECÍBELO EN 72H

    24,75 €

  • AS VOCES DA NOTICIA
    Titulo del libro
    AS VOCES DA NOTICIA
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    Disponible en 5 días

    23,90 €

  • ESTA HISTORIA
    Titulo del libro
    ESTA HISTORIA
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    O insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible... É o poder da literatura. Xosé Mont...
    Disponible en 5 días

    16,00 €