UNHA NACIÓN NO MUNDO

UNHA NACIÓN NO MUNDO. A RAZÓN RESISTENTE (1480-2010)

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-84-9121-468-7
Páginas:
736
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

33,50 €
Comprar

O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galiza no Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e 2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Malia todo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en canto caeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación, como nación no mundo.

Otros libros del autor

  • PARA UNHA CRÍTICA DO ESPAÑOLISMO
    Titulo del libro
    PARA UNHA CRÍTICA DO ESPAÑOLISMO
    NOGUEIRA, CAMILO
    O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxe...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €

  • A TERRA CANTADA
    Titulo del libro
    A TERRA CANTADA
    NOGUEIRA, CAMILO
    Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervención...
    Disponible en 5 días

    24,50 €

  • GALIZA NA UNIÓN
    Titulo del libro
    GALIZA NA UNIÓN
    NOGUEIRA, CAMILO
    No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións polí...
    Disponible en 5 días

    22,95 €

  • EUROPA, O CONTINENTE PENSADO
    Titulo del libro
    EUROPA, O CONTINENTE PENSADO
    NOGUEIRA, CAMILO
    Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potenc...
    Disponible en 5 días

    24,20 €