VELENO DE TINTA IMPRESA

VELENO DE TINTA IMPRESA. ELVIRA MORALES, UNHA MOZA NACIDA A FINAIS DO SÉCULO XIX, ACABA DE REMATAR OS ESTUDOS DE MAXISTERIO E TOMA A DECISIÓN DE APOSTAR POLO SEU SOÑO DE TRABA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-644-5
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,95 €
Comprar

Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dereitos profesionais das mulleres: Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova...
Un día, a protagonista coñece a Miguel Sawa, que acaba de chegar á Coruña para dirixir o xornal La Voz de Galicia, e decide dar un paso adiante. É o intre en que as novas máquinas, as linotypes, imprimen importantes cambios na composición da prensa e a sociedade coruñesa se debate entre o tradicionalismo e a apertura a novas ideas. Nese contexto, apoiada pola súa compañeira Herminia, a linotipista, e tamén pola súa amiga María Barbeito,
Elvira Morales ten que atopar o seu futuro.
Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz, é unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño.

Otros libros del autor

  • VALDEMULLER
    Titulo del libro
    VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS
    Titulo del libro
    POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe,...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • O ENIGMA DE SANTIAGO
    Titulo del libro
    O ENIGMA DE SANTIAGO
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron e...
    En stock

    15,00 €

  • OS OLLOS DO TANGALEIRON
    Titulo del libro
    OS OLLOS DO TANGALEIRON
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Neste libro imos atopar a historia dunha moza que vai ter que enfrontarse a unha morea de atrancos para completar a ...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • AS COUSAS CLARAS
    Titulo del libro
    AS COUSAS CLARAS
    NEIRA CRUZ, XOSÉ A.
    En vintecatro horas, a vida pode cambiar de rostro sen previo aviso. Pode pasar de parecer un lugar no que dá gusto ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €