VELLIÑAS

VELLIÑAS

Editorial:
OQO
Año de edición:
ISBN:
978-84-9871-709-9
Páginas:
48
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

14,90 €

Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo; aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas; pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía. Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura. Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é como unha árbore milenaria; o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día. Velliñas é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo. Fátima Afonso, a ilustradora, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda. Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.

Otros libros del autor

  • VIEJECITAS
    Titulo del libro
    VIEJECITAS
    PITA, CHARO; AFONSO, FÁTIMA
    RECÍBELO EN 72H

    14,90 €