XOGANDO COS SONS. MATERIAL PARA O PROFESORADO

XOGANDO COS SONS. MATERIAL PARA O PROFESORADO. PROGRAMA PARA A PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN DAS DIFICULTADES ARTICULATORIAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
EDUCACIÓN PEDAGOGÍA
ISBN:
978-84-9914-077-3
Páginas:
216
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

26,95 €

Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un material práctico para traballar, dende unha perspectiva lúdica, as dificultades articulatorias en lingua galega. A través de diversos personaxes, contos, cancións, ladaíñas... trabállase a capacidade articulatoria do alumnado de Infantil e Primaria, previndo e corrixindo as dislalias e trastornos fonolóxicos que estes poidan presentar. o programa favorece o desenvolvemento da conciencia fonolóxica, achegando o alumnado aos procesos de lectura e escritura.
Cadernos do alumnado
O material para o alumnado consta de fichas de traballo para que o/a neno/a vaia adquirindo o fonema nas distintas fases de desenvolvemento do programa. Cunha metodoloxía que parte dun enfoque globalizado e lúdico, artéllase a reeducación da cada un dos 10 fonemas a través dun personaxe, que guía todas as actividades e serve de elemento motivador durante o proceso de adquisición do son.
Manual do profesorado
Proposta didáctica para a correcta aplicación do programa, con táboas para avaliar e rexistrar o avance na adquisición do fonema.
Un conto ilustrado e locutado, protagonizado por un personaxe que emite o son, é o fío condutor que guía todos os exercicios que se propoñen para a adquisición dos fonemas por parte do alumnado: praxias bucofaciais, exercicios de sopro, posición tipo do fonema, emisión do fonema, onomatopeas, representación gráfica do fonema, repetición de sílabas, repetición de palabras, repetición de frases, repetición de textos curtos (ladaíñas e trabalinguas), tactos, xogos de xeneralización do fonem
CD ROM: Inclúe 10 cancións e as locucións dos 10 contos, unha canción e un conto por cada fonema. Ademais, tamén se ofrecen 30 láminas para seren proxectadas en pantalla.
Láminas: 30 láminas que se ofrecen para traballar o correspondente fonema.
Lotos: Lotos fonéticos con todas as imaxes empregadas no programa cos fonemas correspondentes na parte posterior.

Otros libros del autor

  • XOGANDO COS SONS. MÉTODO COMPLETO
    Titulo del libro
    XOGANDO COS SONS. MÉTODO COMPLETO
    LÓPEZ VISO, MARTA ; RODRÍGUEZ PÉREZ, RUTH ; YÁÑEZ CALVIÑO, MARÍA
    Xogando cos sons é un programa de estimulación e reeducación fonética que nace coa finalidade de proporcionar un mat...
    RECÍBELO EN 72H

    48,95 €