XOGUETES DO TEMPO

XOGUETES DO TEMPO. POESÍA EN GALEGO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-9865-627-5
Páginas:
128
Colección:
DOMBATE
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

16,80 €

Xoguetes do tempo
Franco Grande, Xosé Luís



Na poesía do autor conviven o persoal e o externo, o natual e o histórico.

Como sinalou a crítica, case toda a obra de Franco Grande ten un tema central: a vivencia do propio eu, en distintos estadios de desleixamento do mundo. Nese senso, o seu texto poético é unha mística da soidade. Como os místicos, escolma unha falsa simple e recorre ao símbolo e mais á exclamación para comunicar vivencia inefables. Pero sen esquecer a vivencia da paisaxe e da súa poderosa forza cósmica, así como tamén a da soidade do ser humano nas modernas cidades.



Editorial: Galaxia
Colección: Dombate (Poesía)
128 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 13.70 €
ISBN: 978-84-9865-627-5
Data publicación: novembro 2015
1ª Edición
1ª impresión

«Se es político estás perdido como poeta»

O poeta, ensaísta e académico Xosé Luis Franco Grande vén de publicar «Xoguetes do tempo», un traballo no que deixa de lado a súa face máis pública

Héctor J. PortoRedacción / La Voz, 09 de diciembre de 2015. Actualizado a las 05:00 h.



XOAN CARLOS GIL


«Eu nunca sei falar dos libros meus -advirte entre risas-. A ver con boa vontade o que podemos facer». Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936) vén de publicar Xoguetes do tempo (Galaxia), o seu último traballo, no que deixa de lado a súa face máis pública. «A poesía ten outros camiños, e, tal como eu a concibo, outras connotacións que non son as políticas. Nin nada diso. Se es político estás perdido como poeta». O libro, explica, é un pouco diverso, «no fondo son tres, porque ten tres partes moi caracterizadas, cada unha podería ser unha sensibilidade distinta». A obra que recolle esta colectánea é inédita, salvo un poema xa publicado en Dorna e dedicado a Ramón Lorenzo. Percorre un arco temporal amplo, xa que ten dous ou tres textos antigos, pero a maioría dos cincuenta e tantos son máis recentes. E insiste na súa idea de poesía afastada dos asuntos que aborda nos ensaios: «Nunca me interesou unha poesía política, se acaso algo que pode interpretarse como poesía social, aínda que non agromaron con tal intención, pero supoño que algúns pódense interpretar como poesía social, pero con moita imaxinación [ri]». O que si hai é reflexión sobre a morte: «É un tema redundante, que estaba xa nos outros libros meus. Quizais con menos intensidade. Porque aquí hai uns vinte e tantos poemas que si capitalizan o problema do paso do tempo, da finitude e todas esas cousas que son tan vellas na poesía, e tan novas sempre». Tamén hai contacto coa natureza, que é «unha forza poderosa, vigorosa, que un percibe e transparenta na escrita».

A súa enleada poética venlle de antigo. «Sempre fun poeta. Esa foi unha das miñas vocacións máis claras, o que pasa é que a vida é complicada e un tivo que facer moitas cousas que non lle gustaban, cousas que me apartaron do que máis quería facer». Agora trata de «recuperar un pouco do perdido, a ver se queda tempo», di para recoñecer que xa ten outro poemario case pechado, só falta pegarlle un repaso. «Cousas que cando se escriben parécenche moi interesantes e dentro de oito días xa non cho parecen tanto». Reescritura, bruñido, admite. «Si, iso é cousa clásica na poesía. Xa dicía Horacio que era indispensable moito labor, moita calma e moita lima. Lima, labor et mora».

Nesta idea, afirma que «na poesía non hai horarios establecidos. Ocorre ou non ocorre, hai motivación ou non a hai. E poden ser moitas cousas, pode ser unha lectura, unha persoa que topas na rúa, unha cousa que un viu ou que imaxinou», algo que nada ten que ver cunha disciplina de traballo. «O referente fundamental é a motivación, que é -anota- converter aquilo en obra de arte».

Recoñece Franco Grande que non segue aos poetas novos e di que ultimamente apareceu algunha obra interesante. «Eu sempre estaba protestando, sempre dicindo, sempre laiándome de que non se vían cousas boas. Pero o libro de Arcadio López-Casanova é moi bo, é realmente un bo libro. As voces da máscara é o mellor que escribiu; entre o moito que escribiu, ese é o mellor», enxalza.

Voz de Galicia