A BOCA DO RÍO

A BOCA DO RÍO. PREMIO XERAIS DE NOVELA 2026

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
HISTÓRICA
ISBN:
978-84-1110-875-1
Páginas:
464
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

22,50 €

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta obra narra, cunha ollada rigorosa e documentada, a proxección e construción do encoro de Belesar, un momento clave do pasado recente, cando Galicia se enfronta á promesa dunha falsa modernización que chega da man dun réxime autoritario e dunha alianza férrea entre o poder político e o económico. Cun estilo coidado, que combina a precisión histórica cunha prosa viva e sensorial, a novela de Alberto Lema retrata personaxes complexos e cheos de contradicións que visibilizan o entrecruzamento simultáneo da cobiza, a fe, o medo e a lealdade. «A boca do río» é un relato apaixonante, unha poderosa reflexión literaria sobre o custo humano e social do chamado «milagre franquista» e sobre a fráxil liña que separa a memoria do esquecemento.

Otros libros del autor

  • PAZO DE INVERNO
    Titulo del libro
    PAZO DE INVERNO
    LEMA, ALBERTO
    PREMIO GARCÍA BARROS 2021 Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde...
    RECÍBELO EN 48H

    22,10 €

  • UNHA PUTA PERCORRE EUROPA
    Titulo del libro
    UNHA PUTA PERCORRE EUROPA
    LEMA, ALBERTO
    Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extin...
    Consulte previamente la disponibilidad

    14,05 €

  • RÍO GRANDE
    Titulo del libro
    RÍO GRANDE
    LEMA, ALBERTO
    Alberto Lema asegura que en Río Grande colleitou os “escasos interes” nos que a poesía lle fixo visitas durante os ú...
    En stock

    20,00 €