RÍO GRANDE

RÍO GRANDE

Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
979-13-991170-9-7
Páginas:
66
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

20,00 €
Comprar

Alberto Lema asegura que en Río Grande colleitou os “escasos interes” nos que a poesía lle fixo visitas durante os últimos dez anos, xa que só pode escribir poesía en determinadas situacións e esas situación non se prolongan moito tempo. O libro xunta algúns textos elaborados a partir da súa propia memoria con outros onde fala sobre un tempo, sobre un territorio e sobre un pobo que son doados de identificar. Pero, sobre todo, Río Grande, subliña, “nace da conciencia do risco de extinción dese pobo, que ten como síntoma principal o devalo no uso da lingua”.

Dalgún xeito, Lema amósanos unha cartografía, que comeza en Portomouro e remata en Fisterra. Lévanos polo curso do Tambre cara á costa. Trátase do seu país natal, o de Soneira, Bergantiños e a Costa da Morte, un mundo atravesado polo Río Grande no que se superpoñen dúas arquitecturas como dous substratos arqueolóxicos a ceo aberto: o antigo mundo labrego e mariñeiro, de pedra e de tella, a par do novo, de ladrillo e de uralita. “Eu nacín no segundo”, asegura, “xa máis proletarizado”.

Sen dúbida, estamos ante unha proposta de forte impronta política, que el moldea con riscos propios. Considera que a literatura é cambio e tamén repetición, reescritura, porque “escribimos de novo un texto que outros comezaron xa na nosa lírica medieval e que proseguiron máis adiante aqueles que Manuel Antonio chamou os antergos. Nalgún caso, trátase de poetas que están vivos, galegos ou de fóra. Río Grande tenta asumir esa tradición desde o presente”.

Otros libros del autor

  • PAZO DE INVERNO
    Titulo del libro
    PAZO DE INVERNO
    LEMA, ALBERTO
    PREMIO GARCÍA BARROS 2021 Que sucedería se un grupo político novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde...
    RECÍBELO EN 48H

    22,10 €

  • UNHA PUTA PERCORRE EUROPA
    Titulo del libro
    UNHA PUTA PERCORRE EUROPA
    LEMA, ALBERTO
    Sabemos que a beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se extin...
    Consulte previamente la disponibilidad

    14,05 €

  • A BOCA DO RÍO
    Titulo del libro
    A BOCA DO RÍO
    LEMA, ALBERTO
    Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca d...
    Consulte previamente la disponibilidad

    22,50 €