Airiños, o grupo musical xuvenil máis importante de Galicia de todos os tempos, é o protagonista desta publicación. Un proxecto irrepetible polo que pasaron preto dun milleiro de persoas e ao que este libro ríndelle cumprida homenaxe.
O libro pon, ao longo das súas trescentas páxinas, tanto por excrito como gráficamente as vivencias, reflexións, aportacións e testemuñas dos dez anos de historia dun proxecto xoven, dun grupo musical que naceu como actividade extraescolar no Instituto Calvo Sotelo de Vilagarcía de Arousa. Por Ariños pasaron xóvenes de entre dez e vintecinco anos coa ilusión por bandeira.
A publicación complétase cunha ampla documentación de fermosas fotografías que componen e conforman unha historia visual do grupo.