AO PÉ DO ABISMO

AO PÉ DO ABISMO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9782-676-1
Páginas:
320
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

20,95 €

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.

Otros libros del autor

  • UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA (PREMIO RAÍÑA LUPA DE MODALIDADE XUVENIL 2024)
    Titulo del libro
    UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA (PREMIO RAÍÑA LUPA DE MODALIDADE XUVENIL 2024)
    ANEIROS, ROSA
    Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos? Exacto! A fascinación pol...
    En stock

    12,95 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    Titulo del libro
    FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridí...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    Titulo del libro
    A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando re...
    RECÍBELO EN 48H

    19,50 €

  • SOL DE INVERNO
    Titulo del libro
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pous...
    RECÍBELO EN 48H

    27,50 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    Titulo del libro
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar ...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €