ÁS DE BOLBORETA

ÁS DE BOLBORETA. PREMIO FUNDACION CAIXA GALICIA XUVE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 14 AÑOS
ISBN:
978-84-9914-215-9
Páginas:
232
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,50 €
Comprar

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d? As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño?
O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela; salientando, ademais, que mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela. Para concluír que Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.

Otros libros del autor

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    Titulo del libro
    A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando re...
    En stock

    17,95 €

  • SOL DE INVERNO
    Titulo del libro
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pous...
    RECÍBELO EN 72H

    26,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    Titulo del libro
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar ...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • SIBILA
    Titulo del libro
    SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicament...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    Titulo del libro
    TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador v...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €