FIN DE FESTA (SEGUNDA EDICIÓN)

FIN DE FESTA (SEGUNDA EDICIÓN)

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-8487-357-0
Páginas:
87
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,00 €
Comprar

“A identidade “
Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a
guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo
día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran
os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de
catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.
Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó
de branco e vermello; cando era cativa vogueina a carón de
papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,
en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.
A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondas
como unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, de
case todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade
nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixo
da casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ó
despece, soméllame que se iría un ser máis da familia.
As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quen
son, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só fico
segura de chamarme como a nosa chalana; intúo que esa particular
circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.
Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme e
unida á terra, á orixe, ós ancestros; algún día levarame de volta.
Os solitarios, bebedores e vagabundos de “Fin de Festa” forman
parte desa mesma identidade, unha intelección do mundo
tolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desde
o asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.
Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide a
denuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,
sobre o canto ós “saudosos” protagonistas do libro, paira tamén
o mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapaza
que podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a conta
dos máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoito
son xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levou
a varias xeracións por diante, transformou en zombis como os
que Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unha
xuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.”
Diana Varela

Otros libros del autor

  • ARLEQUINO VICEVERSA
    Titulo del libro
    ARLEQUINO VICEVERSA
    DIANA VARELA PUÑAL
    Autor: Varela Puñal, DianaColección: Tren das coresFormato: 13x21Edición: 2013Idioma: galegoPáxinas: 30Encuadernació...
    Disponible en 5 días

    10,00 €

  • FIN DE FESTA
    Titulo del libro
    FIN DE FESTA
    DIANA VARELA PUÑAL
    Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei aguiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segu...
    Disponible en 5 días

    8,00 €