MAR DE BRONCE

MAR DE BRONCE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-7507-168-8
Páginas:
192
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,50 €

Anxo Gorospe, o Ghalerna, decide comezar a escribir unha novela que recolla a memoria de Rilo do Mar, a vila que arrecende á fragrancia do salgado e o sabor do salitre. Arrastrando caxato e paraugas pola praia do Corvo, onde atracaban os bous, o vello Gorospe soña co navegar agora polo mar de fóra e saber do medo e da morte, a experiencia que só posúen os mariñeiros e que sempre lle negou o seu pai, don Abel Gorospe Massiá, o fundador da conserveira "A Fábrica", onde cincocentas mulleres penduraban cada día do guindastre do traballo. Sentado na pedra do collón do gato, o Ghalerna lembra aquelas primeiras razons da vida con Minia Santorun, aquela moza que amaba a cachón, unha e outra vez, oncensamte; Jennifer, a dinamarquesa, Carme, a primeira noiva da carreira ou con Fulxencia a fogueteira, que daba xeito e pracer nun tempo brevísimo... Nas súas pasetas e tertulias diante duns caroliños, Anxo Gorospe rememora cos seus amigos de xeración, como Albeitos ou Casiano, a memoria incesante dun mar concibido como veiga nutricia.
Esta fermosa novela coral de Xosé Vázquez Pintor, escrita empregando un rexistro intencionadamente dialectal e construída como un mosaico de microhistorias, Mar de bronce recupera a épica dos traballos da ardora, das mareas do Gran Sole, das travesías a Capetón, dos naufraxios e da caza das baleas. Unha novela que vivifica a memoria dos mares de corpo e alma, de noite e alba, do mar da vida.

Otros libros del autor

  • TEATRO DE PINTOR
    Titulo del libro
    TEATRO DE PINTOR
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Que a obra literaria de Vázquez Pintor sexa eminentemente poética non empece a visita do autor a outros xéneros, ent...
    RECÍBELO EN 72H

    18,00 €

  • NOS ESPAZOS DO SOÑO
    Titulo del libro
    NOS ESPAZOS DO SOÑO
    VAZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Obra teatral na que a música toma protagonismo e érguese como fío narrativo. ...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • BICOS
    Titulo del libro
    BICOS
    VAZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    En stock

    15,00 €

  • ANTÍPODAS
    Titulo del libro
    ANTÍPODAS
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Plinio, que foi un neno da inclusa, ten os ollos abertos cara aos antípodas. Na brevidade dunha noite dos estragos, ...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • LUME DE BIQUEIRA
    Titulo del libro
    LUME DE BIQUEIRA
    VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
    Vigo de Galicia, días de outono do ano 2001. O neto de Anxo Vilariño Enríquez agradece a memoria do avó, incondicion...
    Descatalogado

    13,60 €