O QUE VEN OS OLLOS DOS NENOS

O QUE VEN OS OLLOS DOS NENOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-598-7
Páginas:
80
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

12,95 €

"Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos", escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección "A letra durminte", agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: "O muro está fermoso. O neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan a canta-la canción da esperanza; senten así que están vivos".
O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico García Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesía e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen límites que venza o paso do tempo.

Otros libros del autor

  • BICOS E NON BALAS
    Titulo del libro
    BICOS E NON BALAS
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz...
    RECÍBELO EN 48H

    19,90 €

  • LOS ECOS DEL VIENTO
    Titulo del libro
    LOS ECOS DEL VIENTO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Doce poemas de Antonio García Teijeiro para doce mujeres creadoras con ilustraciones de Noemí Villamuza.Juana de Ib...
    RECÍBELO EN 48H

    16,00 €

  • QUE DEMO DE MONICREQUE !!
    Titulo del libro
    QUE DEMO DE MONICREQUE !!
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Este é un libro moi diferente a calquera outro que antes leses.Non se parece en nada a nada, xa verás!É un libro que...
    RECÍBELO EN 48H

    16,35 €

  • NO XARDÍN DO POETA
    Titulo del libro
    NO XARDÍN DO POETA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde o autor, Antonio García Teijeiro, dialoga c...
    RECÍBELO EN 48H

    15,50 €

  • DIJO EL RATÓN A LA LUNA...
    Titulo del libro
    DIJO EL RATÓN A LA LUNA...
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    La poesía de Antonio García Teijeiro brota con una enorme fuerza natural, llena de vida, de luz y de musicalidad. ...
    Descatalogado

    13,95 €