RESISTENCIA

RESISTENCIA. AUTORA FERROLANA ATIOS VALDOVIÑO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-925-1
Páginas:
304
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

23,50 €
Comprar

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais ?Dinís e Filipa? artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís ?un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen? e Filipa ?filla dun rico comerciante de Coimbra?. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia.
Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.

Otros libros del autor

  • UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA (PREMIO RAÍÑA LUPA DE MODALIDADE XUVENIL 2024)
    Titulo del libro
    UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA (PREMIO RAÍÑA LUPA DE MODALIDADE XUVENIL 2024)
    ANEIROS, ROSA
    Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos? Exacto! A fascinación pol...
    En stock

    12,95 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    Titulo del libro
    FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridí...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    Titulo del libro
    A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando re...
    En stock

    19,50 €

  • SOL DE INVERNO
    Titulo del libro
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pous...
    RECÍBELO EN 48H

    27,50 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    Titulo del libro
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar ...
    RECÍBELO EN 48H

    13,95 €