ROSALÍA DE CASTRO. ANTOLOXÍA

ROSALÍA DE CASTRO. ANTOLOXÍA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-072-1
Páginas:
136
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

31,50 €

A figura de Rosalía de Castro é o mito máis relevante e universal da Galicia moderna, icona política, nacionalista, social, feminista, non ten máis lectura obxectiva que a dos seus textos, a súa verdadeira realidade.
O presente volume recolle unha antoloxía da obra poética de Rosalía de Castro, preparada polo estudoso rosaliano Anxo Angueira e precedida dun limiar de X.L. Méndez Ferrín, e organizada arredor de sete ámbitos temáticos: Así en "Terras de Rosalía", incluíronse os poemas centrados na paisaxe e nas terras que máis e máis intensas páxinas encheron na obra da autora. "Santos, campás e pecados" é o título que pretende recoller un conxunto de poemas certamente variados pero que, dalgún xeito, remiten ao feito relixioso, formal ou intimamente, e en moitos deles á transgresión dos seus preceptos. En "Festas e fames" danse cabida a outro dos aspectos emblemáticos da obra da nosa autora que tamén cadra cun dos ideoloxemas do Rexurdimento: o compromiso social cos miserábeis. Logo, incluíronse dúas elexías, a célebre dedicada a Sir John Moore e a menos coñecida dedicada a Inés de Castro e a Luís de Camões, na que a nosa autora se desenvolve á perfección manexando os respectivos trasfondos líricos, históricos e políticos. En "Sombras e soidades" ilústrase a voz poética rosaliana máis intimista, máis espida, e por veces dramaticamente esgazada e estarrecente, senlleira na poesía europea decimonónica. En "Verba de muller" recóllense uns cantos poemas nos que a autora pon os ollos na situación especialmente dependente da muller no plano socio-político e mesmo no literario. Por último, en "Pola dignidade nacional", antológanse un conxunto de poemas nos que a nosa autora denuncia a situación social de miseria e emigración que padece Galicia acompañada, por veces, do canto nacional no que non faltan as críticas á situación política de desleixo e dependencia con respecto a España.

Otros libros del autor

  • MIÑA CASIÑA, MEU LAR
    Titulo del libro
    MIÑA CASIÑA, MEU LAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    A loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e malia todo a alegría por vivir e superar...
    RECÍBELO EN 48H

    16,35 €

  • LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    Titulo del libro
    LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que re...
    RECÍBELO EN 48H

    23,50 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Edición revisada y actualizada por Marina Mayoral, que ha dedicado una gran parte de su vida a estudiar la obra de R...
    RECÍBELO EN 48H

    9,50 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e ...
    RECÍBELO EN 48H

    23,95 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En las orillas del Sar sorprende por su carácter introspectivo y el predominio de la reflexión sobre la existencia d...
    RECÍBELO EN 48H

    22,00 €