UN RATO DÍXOLLE Á LÚA

UN RATO DÍXOLLE Á LÚA. ANTOLOXÍA DA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9914-505-1
Páginas:
152
Encuadernación:
perfect
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 24/48h)

18,80 €
Comprar

Un rato díxolle á lúa é a caixa dos tesouros da poesía de Antonio García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos, a apócema máxica coa que, en palabras de Fran Alonso, «a lúa imprimiu neles un sabor antigo, un sabor de berce, un sabor sincero que se nos mete dentro». García Teijeiro atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil. Desde a publicación de Nenos (1988), os seus versos enredan nos beizos dos lectores e lectoras, «divertidos, lúdicos, pero tamén facéndonos sentir, e pensar, turrando de nós cos seus ventos de ideas e emocións brincadeiras». Un rato díxolle á lúa espreme, antologados por Fran Alonso, eses 25 anos de poesía infantil.
«Simpáticos, fermosos, divertidos, sensibles, punzantes, libres, salgados, máxicos, outonizos, perennes», estes poemas transmiten emoción, beleza e solidariedade. Ilustrada por Xosé Cobas e musicada por Paco Ibáñez (nun CD que se acompaña), a poesía de Antonio García Teijeiro agroma cunha enorme forza natural, chea de vida, de luz e de musicalidade.

Otros libros del autor

  • PASENIÑO, PASENIÑO
    Titulo del libro
    PASENIÑO, PASENIÑO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatu...
    Disponible en 5 días

    15,50 €

  • POEMAR EL MAR
    Titulo del libro
    POEMAR EL MAR
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    El protagonista de estos versos es el mar. Un mar que ronca, que moja con poemas, que tiene trenzas, que camina seco...
    DISPONIBLE (Entrega en 24/48h)

    9,20 €

  • POEMAR O MAR
    Titulo del libro
    POEMAR O MAR
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras...
    DISPONIBLE (Entrega en 24/48h)

    12,20 €

  • RAIOLAS DE SOL
    Titulo del libro
    RAIOLAS DE SOL
    GARCIA TEIJEIRO, ANTONIO
    Disponible en 5 días

    10,70 €

  • HONORATO, O RATO NAMORADO
    Titulo del libro
    HONORATO, O RATO NAMORADO
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos c...
    Disponible en 5 días

    9,65 €