1Q84

1Q84. LIBROS 1 E 2

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9865-325-0
Páginas:
936
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

27,40 €
Comprar

O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta. E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos. A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta. Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr.

Otros libros del autor

  • LA CIUDAD Y SUS MUROS INCIERTOS
    Titulo del libro
    LA CIUDAD Y SUS MUROS INCIERTOS
    MURAKAMI, HARUKI
    Cuando nos rodean los muros, la aventura de toda una vida quizá consista en franquearlos. El regreso de Murakami a l...
    En stock

    22,90 €

  • TRAS DO SOLPOR
    Titulo del libro
    TRAS DO SOLPOR
    MURAKAMI, HARUKI
    En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro,...
    RECÍBELO EN 72H

    18,50 €

  • DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER
    Titulo del libro
    DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER
    MURAKAMI, HARUKI
    Ao ano seguinte Murakami percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila da Maratón. Despois de partic...
    RECÍBELO EN 72H

    18,90 €

  • 1Q84. LIBRO 3
    Titulo del libro
    1Q84. LIBRO 3
    MURAKAMI, HARUKI
    Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes crí...
    RECÍBELO EN 72H

    24,10 €

  • PRIMERA PERSONA DEL SINGULAR
    Titulo del libro
    PRIMERA PERSONA DEL SINGULAR
    MURAKAMI, HARUKI
    «Un testimonio del talento y la perdurable creatividad de Murakami.» Publishers Weekly «Lo que une todas estas histo...
    En stock

    10,95 €