Central Librera festexa o recente galardón do Ministerio de Cultura outorgado á fenesa Paula Carballeira.
O vindeiro xoves 21 de setembro ás 19.30h homenaxearemos a Paula Carballeira cun acto presentación do libro "As alumnas"
Esta peza de teatro foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva.
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.
En esta sección sección puede encontrar libros útiles de trabajo como son el libro de incidencias, libro de visitas, libro de subcontratación, libro de órdenes, seguridad y salud en las obras de construcción, evaluación y prevención de los riesgos relativos a la contrucción.