30 GRAMOS
(Edición en galego)
Leonel Moura
Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.
Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio...), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX. Traducida do portugués ao galego polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás. Esta obra foi recoñecida co Premio da Edición de Galicia 2010 á Mellor Tradución do ano.
O autor/a
Leonel Moura (Lisboa, 1948) é un artista conceptual especializado en intelixencia artificial e arte robótica. Entre as súas creacións figuran os RAP (Robots Action Painter) que se mostran desde 2006 en exposición permanente no Museo Americano de Historia Natural de Nova York (ver vídeo abaixo). En 2009 foi nomeado “Embaixador europeo da creatividade e a innovación”. É tamén autor dos libros: Formigas, Vagabundos e Anarquia (2003), Robotarium (2007) e Poesia robótica (2009), entre outros.
Revista de Prensa
14/03/2011 Caderno da Crítica, "30 gramos, de Leonel Moura, premio Lois Tobío da AGE á mellor tradución 2010".
02/09/2010,
La Voz de Galicia, "Culturas", por Xose Carlos Caneiro
02/09/2010
El Correo Gallego, "Literatura Conceptual en Conseva", por Jose Miguel A. Giráldez
31/08/2010
Diario de Ferrol, Nordesía, "Unha reflexión sobre o sentido da arte contemporánea"
23/08/2010 El Correo Gallego "30 gramos de Leonel Moura", por Xurxo Fernández.
10/08/2010 Galicia Hoxe "30 gramos de Leonel Moura", por Anxo Tarrío Varla.
09/06/2013 La mirada actual
http://lamiradaactual.blogspot.com.es/2013/06/leonel-moura-30gramos-novela-sobre-la.html
.
14/02/2011
. "A novela "30 gramos", de Leonel Moura, premio da edición de Galicia 2010 ao mellor libro traducido"