A BARCELONESA

A BARCELONESA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-914-9
Páginas:
272
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,50 €
Comprar

En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión entre a vida familiar e os acontecementos sociais que conforman as biografías particulares e vontades dos personaxes: a emigración cubana, o retorno triunfal, a guerra, a ruína económica e a loita pola supervivencia érguense como metáfora do país.
A memoria vai compondo esta narración a dúas voces nun intento de completar a mera visión individual. Os dous narradores coa mesma partitura interpretan cadencias ben diferentes. O contraste entre a visión sensual e distante coa máis íntima e identitaria permite a contemplación contrastante dun pasado común. O edificio familiar, cumpridos os cen anos, aparece como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes.

Otros libros del autor

  • O LIBRO E O TAPIZ
    Titulo del libro
    O LIBRO E O TAPIZ
    PAZ, XABIER
    Entre os séculos XI e XII as figuras da raíña Urraca I e do arcebispo Diego Xelmírez enchen un tempo decisivo na nos...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €

  • GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
    Titulo del libro
    GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
    PAZ, XABIER
    Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, qu...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €

  • ANÍBAL E A PINTORA
    Titulo del libro
    ANÍBAL E A PINTORA
    PAZ, XABIER
    Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobr...
    Disponible en 5 días

    22,50 €

  • A GALERA DE XELMÍREZ
    Titulo del libro
    A GALERA DE XELMÍREZ
    PAZ, XABIER
    Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nav...
    RECÍBELO EN 72H

    19,95 €

  • AS VIDAS DE NITO
    Titulo del libro
    AS VIDAS DE NITO
    PAZ, XABIER
    Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa...
    Descatalogado

    23,95 €