A CABANA DAS VALQUIRIAS E OUTRAS PEZAS

A CABANA DAS VALQUIRIAS E OUTRAS PEZAS

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-125915-5-2
Páginas:
66
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,00 €
Comprar

A cabana das valquirias e outras pezas é un opúsculo de tres obras de microteatro, que se estruturan desta guisa:

-A cabana das valquirias é a historia dun mesmo home en catro universos paralelos. No primeiro é un importante líder populista, racista e homófobo, que por accidente se topa co seu ego do segundo universo, que e un sabio homosexual, grazas ao cal aprenderá a viaxar por varios universos, onde se vai recoñecendo noutras personalidades moi apostas á súa: unha delas de muller feminista.

-A desvendedora é a historia dun home que vive alleo ao seu pasado, mais que, grazas a unha "desvendedora" que lle "desvende" certo produto, retorna á súa infancia, onde revive o neno que foi coa súa nai e avoa, doente de alzhéimer, mais o problema é que o neno do pasado vén canda el ao presente.

-A lingua das vacas é a historia dun encontro cunha civilización extraterrestre que exixe que a relación se manteña en galego, unha lingua que o Goberno de Noviberia cría desterrada, aínda que sobrev