REIMÓNDEZ, MARÍA ; POL·LEN EDICIONS SCCL,
Descuento:
-5%Antes:
Despues:
17,10 €Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais.
Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorías decoloniais e antirracistas para deitar unha ollada
crítica a diversos textos que nos interpelarn para transformar así os alicerces da casa de xeito que todas as persoas teñamos acubillo nela.
«A casa do amo não é uma leitura necessária: devera ser obrigada e essencial para qualquer das que fazemos parte da literatura galega»
Susana Sánchez Aríns, A Sega, Plataforma de Crítica Literaria Feminista
«unha panorámica rica, evocadora e rigorosa das teorías poscoloniais e decoloniais aplicadas ao contexto literario galego, presentada de maneira accesible para persoas non especialistas».
Catherine Barbour, Revista huellas