A CONSTRUCIÓN MEDIÁTICA DO CONFLITO

A CONSTRUCIÓN MEDIÁTICA DO CONFLITO. O CASO DE RESISTENCIA GALEGA

Editorial:
AXOUXERE
Año de edición:
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
978-84-948553-6-8
Páginas:
267
Encuadernación:
Rústica
Colección:
POLIMNIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,00 €
Comprar

No ano 2013 Resistencia Galega converteuse no único grupo terrorista de carácter separatista en activo en España , toda vez que ETA anunciara o cesameto da violencia no País Vasco . A Audiencia Nacional outorgáralle o perigoso status de terrorista a unha organización da que ninguén se declaraba integrante e cuxas accións máis destacadas eran un feixe de desfeitas contra diferentes bens inmóbeis . A manipulación da que foi obxecto Resistencia Galega nos medios de comunicación e a contundente resposta política e xudicial que se despregou para apagar o fenómeno tivo moito que ver coa debilidade do movemento independentista galego , coa política represiva herdada do conflito do País Vasco e coa existencia duns medios de comunicación sometidos ao poder político e aliñados ideoloxicamente co centralismo español . A emerxencia mediática de Resistencia Galega supuxo unha batalla ideolóxica no eido político de Galiza que obrigou os partidos a posicionárense non só ante o uso da violencia senón tamén ante unha forma de entender o país . A construción mediática do conflito . O caso de Resistencia Galega aborda o tratamento de Resistencia Galega nos medios de comunicación e axuda a comprender o conflito identitario de Galiza e mais tamén o impacto que exerceu a prensa na conformación dun imaxinario terrorista que ameazaba con crebar o clixé do pobo amansado e desmobilizado recreado perpetuamente polos xornais. Estamos ante un libro que examina a realidade galega baixo un prisma local e universal simultaneamente , apoiándose nun compendio de literatura científica arredor de temas como o nacionalismo , a identidade , o terrorismo , a construción do discurso e a mediatización dos conflitos . Helena Domínguez combina neste libro , de xeito maxistral , escrita acádemica con crónica xornalística , de tal sorte que o libro se abre hermeneuticamente en moitas direccións , encamiñándose a diversos públicos ,desde investigadores do ámbito das Ciencias Políticas e da Comunicación até calquera persoa que desexe reflexionar criticamente sobre aspectos socio - políticos candentes no mundo contemporáneo e tomar conciencia da natureza construída e interesada de calquera relato difundido polo medios de comunicación .