A CORUÑA, PASADO E PRESENTE

A CORUÑA, PASADO E PRESENTE

Editorial:
HERCULES
Año de edición:
ISBN:
978-84-121678-8-7
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

19,00 €

Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan —mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos— o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.
A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.
Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.
Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.

Otros libros del autor

  • A CORUÑA, PASADO Y PRESENTE
    Titulo del libro
    A CORUÑA, PASADO Y PRESENTE
    CASTRO ROIG, XOSÉ ; MARTÍNEZ TORRÓN, CARMEN
    Carmen Martínez Torrón y Xosé Castro Roig son dos coruñeses «de toda la vida». Con este proyecto repasan —mediante f...
    Descatalogado

    19,00 €