A Engranaxe é mesmo na súa fasquía estrutural, unha secuencia de cadros que, dialecticamente engranzados, chegan a funcionar como un boceto tea tral de horizonte previsto no que os personaxes, sobrados de carácter e de ideas, sucumben a intereses e realidades de textura prosaica. A repetición irremediable de comportamentos e actos, unha atmosfera de certa desesperanza, de certa inutilidade.
Unha tradución do francés de Xoan Fuentes Castro.