A ESTRELA DOS POLISÓNS

A ESTRELA DOS POLISÓNS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-039-4
Páginas:
264
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

20,95 €

Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia a Amaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamela Barandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaro aprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo mal da melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará coma un calabrote invisible a sorte deste rapaz. Recaredo e Amaro, tecidos polas puntadas que a amizade dá no corazón, unirán as súas vidas ao mar; fuxidos da policía e polisóns no cargueiro "La Negrita" en rota cara Guinea, compartirán con pilotos e mariñeiros, personalidades esculpidas en mármore, os perigos do mar, un magma en permanente facerse e desfacerse que está a marxe da carreira da vida e da existencia.
"A estrela dos polisóns", a volta narrativa de Luís Rei Núñez, despois de "Expediente Artieda", Premio Xerais de novela 2000, é unha novela de iniciación e memoria que reconstrúe con fidelidade e emoción un ano de vida dun rapaz no seu salto á adolescencia, toda unha aprendizaxe do desencanto.Unha grande historia de amizade, mar e aventuras que a converten nunha novela das de sempre.

Otros libros del autor

  • ELAS DÚAS (PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2025)
    Titulo del libro
    ELAS DÚAS (PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2025)
    REI NUÑEZ, LUIS
    Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025 Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas á...
    En stock

    22,80 €

  • MATARÁN A REBOIRAS
    Titulo del libro
    MATARÁN A REBOIRAS
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras ca...
    RECÍBELO EN 48H

    25,50 €

  • RAFAEL DIESTE
    Titulo del libro
    RAFAEL DIESTE
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Este libro conta a vida apaixonante dun home libre e bondadoso e o seu tempo, o dun país sometido ás pulsións máis e...
    Consulte previamente la disponibilidad

    24,95 €

  • O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO
    Titulo del libro
    O ENCARGO DO SEÑOR CASTELAO
    REI NÚÑEZ, LUÍS
    Castelao foi feliz en Pontevedra, a pequena capital de provincia á que chegou en 1916, cando era fundamentalmente ar...
    RECÍBELO EN 48H

    20,95 €

  • CITA EN FISTERRA
    Titulo del libro
    CITA EN FISTERRA
    REI NÚÑEZ, LUIS
    RECÍBELO EN 48H

    18,00 €